miércoles, 20 de octubre de 2010


A soidade desequilibra as balanzas da nosa vida nun intre. Inda que estemos rodeados de milleiros de persoas, podemos chegar a sentir a sensación de estar sos, completamente sos.
Niguén pode vivir así, sen sentirse comprendido, sen ter a alguén ao seu lado que lle de confianza , sen ninguén que lle faga sorrir cando o necesita. Alguén que te abrace porque lle sae de dentro, que note cando estes mal e che aconselle nos problemas, que confie en ti..
Moitas veces decatámonos que a xente que nos rodea non ten ese tipo de conexión connosco. Amigos que non nos demostran todo o que poderían, amores que so che rompen o corazón.. A mellor compaña que podemos chegar a ter, somos nos mesmos, inda que o vacío que nace no noso peito berra tan forte que necesita a alguén, como o ruxido das ondas do mar ao bater nas rochas.

Cantas noites, sen poder durmir. Cantas noites soa, dando mil voltas entre as sabas, como si iso fora solucionar os meus problemas.

1 comentario:

  1. http://niky-earth-and-magic.blogspot.com/

    plis entra y comenta, y si queres seguime!

    gracias!!

    ResponderEliminar